Estas fotos collinas en Facebook. Son da publicidade dun centro destes que se dedican ao deporte e saúde, que están moi de moda na actualidade.
Son dun centro privado pero aos efectos que vou comentar, a vestimenta, tanto ten. Eu vou a un multiusos deportivo público e a o asunto é parecido.
Non sei se o alumnado é real ou alguén preparou un escenario para as fotos da publicidade, pero a escenificación correspóndese coa realidade.
Vexamos aos homes. Na primeira foto vense dous homes vestidos con pantalón de deportes folgado, curto, por enriba do xeonllo, e camiseta normal, unha con manga curta e outra sen manga. Na segunda o mesmo; un con pantalón de chandal longo e camiseta con manga e o outro pantalón de deportes, das mesmas características que os anteriores e camiseta sen manga.
Vexamos as mulleres. Primeira foto, a da dereita, tamén leva pantalón de deportes e camiseta pero o pantalón é moito máis curto, xusto debaixo da nádega; a do medio da foto leva unha malla moi curta e un bodi tamén moi curto, o xusto para cubrir o peito; a da esquera unha malla a medio muslo e un bodi dos que deixan as omoplatas ao descuberto. As da segunda foto, todas malla debaixo do xeonllo e bodis de tirantes.
Están a facer a mesma actividade, polo que supoño que ésta non require unha vestimenta determinada. Por qué visten diferente?
Quén decidiu que as mallas -que ademais teñen que ser de tecidos artificiais para que indo pegadas ao corpo teñan elasticidade- son mellores para as mulleres? Como nos convenceron para levar esa prenda tan incómoda?
Xa sei que os ciclistas tamén as levan, pero debe haber algunha razón de productividade moi forte para iso, que non é a norma xeral.
Por qué sempre a nosa vestimenta e o noso calzado teñen que ser máis incómodos?