O costume non xera xurisprudencia, afortunadamente

Que cansa estou de que se utilice a legalidade de forma tan interesada!!!

Que algo se veña facendo dunha determinada maneira, mesmo que sexa útil, non o converte en legal. E menos mal, porque se todo o que se fai normalmente tiveramos que dálo por bo…

A nosa Constitución di, con respecto á presidencia do goberno:

Artículo 99

1. Después de cada renovación del Congreso de los Diputados, y en los demás supuestos constitucionales en que así proceda, el Rey, previa consulta con los representantes designados por los Grupos políticos con representación parlamentaria, y a través del Presidente del Congreso, propondrá un candidato a la Presidencia del Gobierno.

2. El candidato propuesto conforme a lo previsto en el apartado anterior expondrá ante el Congreso de los Diputados el programa político del Gobierno que pretenda formar y solicitará la confianza de la Cámara.

3. Si el Congreso de los Diputados, por el voto de la mayoría absoluta de sus miembros, otorgare su confianza a dicho candidato, el Rey le nombrará Presidente. De no alcanzarse dicha mayoría, se someterá la misma propuesta a nueva votación cuarenta y ocho horas después de la anterior, y la confianza se entenderá otorgada si obtuviere la mayoría simple.

Nas comunidades autónomas -non sei se en todas- o Presidente é elixido polo Parlamento, de entre os seus menbros. Tampouco se especifica que teña que ser o número un dunha candidatura, nin da formación máis votada…

Logo eu non entendo de que se fala cando se di que alguén -presidenciable- non foi elixido pola cidadanía. Pois claro que non, foi elixido polo Parlamento -a proposta do Rey no caso do goberno do estado. Iso é así. Non sei a que vén darlle voltas ao asunto.

Como se fai na práctica? Cada partido considera que o candidato á presidencia do goberno é o que vai de número un na súa lista por Madrid. E se o candidato é de Ourense?… Pois o que se fai é censalo en Madrid para que poida ir de número un por esta circunscrición. Por que ten que ser de Madrid? Pois non se sabe… Será polo centralismo?

Hai algún impedimento para que un candidato por Ourense sexa presidente? Pois non. Ten que ser alguén que milite no partido máis votado? Tampouco. Mesmo pode ser alguén que non fose candidato por ningures.

Por que moita xente cre que isto ten que ser así? Pois porque normalmente foi así e porque os medios, e tamén os partidos, xa se ocupan de que aceptemos a súa normalidade como legalidade.

E Tanto me ten que sexa Garrido coma Torra. O legal é legal. Se alguén non me gustan para o desempeño dunha tarefa terei que argumentarlo pola súa idoneidade, non pola “ilexitimidade”  que lle foi dada segundo o procedemento correspondente.

Que paciencia…

Advertisements