Estase creando unha sensación de que xs políticxs son parvos. Non o son e por iso poden manipularnos.
Acabo de ler unha entrevista que Henrique Mariño e Christian Gózáles lle fixeron a Jordi Évole no xornal Público -publicada onte. Jordi Évole: “La izquierda ha cometido una gran equivocación al tratar a Rajoy de tonto”
Nun momento da entrevista di, “Insisto, creo que la izquierda se ha equivocado tratando de iluso, tonto e incapaz a Rajoy.”
Concordo con Évole e eu facería estensible a expresión á maioría dxs políticxs.
O xornalismo non pasa polos seu mellor momento e a forma de manter entretido ao persoal é o estilo Sálvame. Hai que facer horas de TV e páxinas de xornais ridiculizando xs políticxs non tanto polas súas actuacións coma por aspectos irrelevantes no desenvolvemento da súa actividade; que se non falan ben o Inglés, que se a súa dicción non é boa, que se a expresión que utilizou non foi exacta… por non falar do aspecto físico, da vestimenta…
Entendo que os humoristas aproveiten estas tonterías para facer uns chascarrillos. Pero levar iso aos programas informativos paréceme moi pouco profesional. Pero aparte de que sea un erro subliñar a forma no canto do fondo, peor me parece asociar un problema de dicción a unha “discapacidade intelectual”.
A linguaxe é unha forma de comunicación e a finalidade desta é que a mensaxe emitida sexa comprendida polo receptor. Algunhas veces hai erros na mensaxe -ortográficos, gramaticais…- pero un receptor medianamente intelixente pode comprender a idea principal, entendendo que non está moi ben expresada. Xa sei que nalgúns casos é máis difícil -de aí os malentendidos ou malexpresados- pero non son a maioría.
Vou pór un exemplo dun mitin de Susana Díaz. Despois de destacar os case 140 anos de historia do PSOE, dixo algo -non recordo literalmente- sobre a permanencia do partido durante tres séculos. E xa se liou; que se non sabe contar, que se se contradice, que se o partido existe dende o século XVIII… Non é complicado entender o que quería dicir. Ata en El Intermedio, -que é un programa de humor- despois de facer o chascarrillo recoñeceron o que quixo dicir.
O dito, crer que xs políticxs son idiotas non axuda.