Mulleres e política

Hai moi poucos casos nos que unha muller chegara a ocupar as primeiras liñas da política institucional.

En Norteamérica home negro foi antes ca muller branca.

E as poucas veces que chegaron foi… como o diría… de rebote.

Algunhas chegaron da man dos seus pais ou maridos: Indira Gandhi, do seu pai Jawaharlal Nehru; Imelda Marcos e Cristina Fernández de Kirchner, dos seus homes Ferdinand Marcos e Néstor Kirchner respectivamente…

Que non vou entrar en se tiñan méritos propios para ocupar eses postos ou non, pero teño dúbidas de que se poidese chegar até aí neses países sendo muller, por moita valía que tiveras.

Outras chegaron da man da crise económica: Margaret Thatcher, Angela Merkel… Consolidáronse facendo a política masculina de “por mis güevos”, que parece que ningún home tivo.

Outras chegaron para “comerse un marrón”: Theresa May para xestionar o Brexit; Carme Forcadell chega á Presidencia do Parlament para xestionar a independencia de Catalunya; e agora Soraya Sáenz de Santamaría para a dependencia…

Ole!, Ole! e Ole!

A quen lle adxudicamos este “asuntillo”???… Pois a unha muller porque somos moi feministas, pensamos que valen moito e que teñen capacidade para resolvelo estupendamente. Listo!… seguinte problema…

Xa sei que hai casos diferentes aos que presento. Pero tendo en conta que en total non hai moitos, paréceme que estes son bastantes.