Violencia machista

Novembro, en Compostela, é o mes de Cineuropa.

En Cineuropa proxéctanse películas europeas -coma o seu nome indica- na sección oficial. Tamén hai outras seccións ou ciclos nos que se pasan doutros países. Pero a tónica xeral do festival non son precisamente as comedias románticas. Unha boa parte son dramas persoais ou sociais. Máis ben “duras” vaia…

Onte cheguei á miña casa despois de ver unha destas algo dura e púxenme a ver a tele, para neutralizar -con algo máis superficial- a impresión que traía.

Atopeime cunhas imaxes de violencia machista entre tres mulleres -GH- que me impresionaron bastante máis que a película que viña de ver.