Hai pouco lin un artigo en InfoLibre “Mujeres cabeza de lista…”. Segundo esta información a porcentaxe de mulleres cabeza de lista dos catro partidos con máis representación son:
PSOE – 52%
Podemos – 38%
PP – 37%
C’s – 29%
Paréceme chamativa a porcentaxe de Podemos, case a mesma que a do PP. O que me leva a pensar que o tema do machismo non entende de ideoloxías.
Pode que Podemos, PP e C’s cumpran a Lei de Igualdade de 2007 que establece que o número de homes ou mulleres candidatxs non debe ser menor que o 40% nin maior que o 60%, pero non se libran do “teito de cristal”. Cumpren coa cantidade pero non coa cualidade. Non ser cabeza de lista en moitos casos implica non saír, ademais do significado que ten ser o primeiro.
Non é a primeira vez que falo deste asunto porque sempre me chamou a atención o perfil das mulleres que chegaron á primeira liña da política.
Algunhas chegaron da man dun home -pai, marido- coma foron Indira Gandhi, Cristina Fernández de Kirchner, Hillary Clinton… Outras polo seu “perfil masculino” coma Margaret Thatcher, Angela Merkel… E outras moitas que chegan son persoas sen “cargas familiares” coma María Teresa Fernández de la Vega.
Son os partidos de esquerda máis paritarios? pois dáme que non.
Teño a impresión de que nos partidos de esquerdas hai moitas mulleres pero que a súa capacidade e o seu traballo están orientados a arroupar e ensalzar ao líder “varón macho alfa”.