Racionalidade

Non sei por que non entendemos o comportamento da cidadanía nos procesos electorais. A sociedade componse de individuos e aínda que non é o mesmo moitos comportamentos son similares.

A última sorpresa (?) é que Garzón sexa o político mellor valorado e Rajoy o peor. Todo o mundo sinala a contradicción pero a min ocórrenseme moitas contradiccións bastante máis relevantes.

Por que se cre que hai un deus verdadeiro?

Por que moitas mulleres maltratadas volven ou continúan coas súas parellas?

Por que hai persoas que defraudan ao fisco e colaboran economicamente con ONGs?

Por que unha persoa que pide “favores” e critica o amiguismo ou a endogamia laboral?

Por que parece un voitre Inditex e non Apple?

Podería continuar esta listaxe até aburrir.

Non se me ocorre outra explicación que a irracionalidade.

Na irracionalidade está a nai do año da maioría dos comportamentos contraditorios.

A omnipresencia das relixións nas sociedades non axuda.

A crianza con apego tampouco. Que non me refiro estrictamente ao coidado das criaturas cando son pequenas senón a esa especie de teoría subxacente de que o amor todo o cura, por amor faise calquera cousa… a supervaloración da compoñente sentimental nas relacións persoais. Esta teoría non favorece ás mulleres que aceptan o “maltrato” dxs fillxs e das parellas “por amor”.

Parecía que a racionalidade ía chegar ás nosas vidas despois de maio do 68. E hoxe, despois do 15M -outro maio- dáme a impresión de que tamén nisto involucionamos.