Consumidora

Son unha persoa sobria -dicir austera hoxe en día da cousiña, a palabra austeridade mudou o seu significado coa crise- e coma consumidora trato de ser responsable.

Pero, como se é consumidora responsable?

Cos productos de información e ocio -medios de comunicación en particular- teño algo claro; non me informo habitualmente en depende que medios e non vexo programas de TV con contidos ou actitudes machistas, racistas, homófobas… -por exemplo, case non vexo nada de Mediaset.

Non teño ningún producto financieiro -pago as cousas ao contado, viaxo… e a miña economía tampouco dá para moito máis- pero se decidira mercar algún preguntaría a quen ou que se vai financiar cos meus cartos -por certo, non coñezo a ninguén que o faga.

Coas empresas de servizos tamén me vou apañando; se me tratan ben repito e se non, non.

Onde me lío un pouco e co sector industrial, empresas que fabrican e venden cousas. Aquí sempre topo moitas contradicións,

Se un empresario bocachanclas fai unhas declaracións en contra dxs traballadorxs; teño que boicotealo, non mercar eses produtos, que a empresa teña perdas e teña un motivo para facer un ERE e remate despedindo a metade do persoal, ou fago coma que non o oín e que todo siga como está?

Consumo produtos de proximidade -por exemplo o leite- para desenvolver a economía da contorna ou con iso estou sendo cómplice dos intermediarios que explotan o campesiñado?

Doume de baixa nas redes sociais porque non cotizan debidamente nos países nos que operan?

En serio, é moi complicado ser unha consumidora responsable cando se vive nun sistema que ten tantísimas contradicións.

E iso que teño unha Licenciatura en economía!!!

Advertisements

A hora do planeta

Ya facía tempo que non escribía nada nesta categoría. No inverno estou menos tempo fóra da casa e ver escenas cotiás curiosas faise máis raro.

Esta foi no  vestiario do multiusos ao que vou con regularidade facer exercicio.

Dúas persoas estabamos duchándonos e unha estaba nos lavabos facendo algo na cara -a botarse crema ou maquilábase-, o secamans estaba aceso. Supuxen que secara as mans e o secamans non rematara aínda o tempo que ten programado ata que se apaga.

Acabei de ducharme, cando me estaba secando o secamans parou, a que estaba no lavabo volveuno acender e seguiu co que estaba a facer. Aquí xa me mosqueei un pouco, supuxen que o que pretendía era desembazar o espello -dun espazo bastante amplo- co secamans. Rematou coa cara, foi buscar o seu secador de pelo -neste vestiario non os hai colectivos-, púxose a secar a súa longa e frondosa melena -con secador e cepillo, vamos, a conciencia- e continuou coa secuencia de acender o secamans cada vez que se apagaba…

Vestinme e fun a zona dos lavabor para peitearme, nunha das veces que volveu acender o aparato pregunteille se non lle parecía que estaba a consumir moita enerxía. Díxome que era para desembazar -obxectivo non cumprido porque o espello continuaba embazado-, que se non non vía ben. Comenteille que podía facelo doutra maneira, xustificou o comportamento non sei moi ben cómo e pensei que non tiña moito sentido continuar esa conversación.

Pero estiven a piques de preguntarlle se se apuntara a iniciativa da Hora do Planeta, que por outro lado non me sorprendería.

Somos así, apuntámonos a “grandes causas” pero non somos quen de vivir consecuentemente.