Economía

Acabo de ver o vídeoblog de Iñaki Gabilondolo inimaginable, no que fala da pouca relevancia que se dou a un paquete de medidas aprobado pola OCDE para combater a evasión fiscal. Parece ser que se trata de mudar o termo “optimización fiscal agresiva” que empregan os grandes xigantes coma Apple, Amazon… por evasión fiscal, que é o que é.

E a min viñéronme á cabeza as redes sociais, ese lugar marabilloso onde todo é xustiza e solidariedade.

Como é tan xusto, tódolos días nos están convidando a boicotear a algunhas empresas -Zara, Mercadona…- por ter o domicilio fiscal da tenda electrónica en Irlanda, porque o Director xeral dixo non sei que…

Eso si, nun texto ou meme “enviado desde mi iphone” -agora pode que xa non apareza esa información, hai tempo que non a vexo.

De repente todxs somos economistas, avogados… aparte de garantes da ética… Pero mercamos en Amazon -que, evasión fiscal aparte, non ten que ter persoal para atender á clientela, xa nos atendemos nós mesmos- e facemos colas quilométricas para mercar o último producto de Apple, a un prezo importante, por certo…

Quen pretende manipularnos? Xa non sei se a cousa empeza nunha persoa encabuxada porque lle saíu malo un producto, se a orixe está nunha empresa da competencia ou se todo comenza por alguén “divino” que pretende un mundo perfecto -coma nos queren facer crer. Pero o caso é que se comparte, “me gusta” e comenta e acabamos pensando que con iso facemos a boa obra do día.

En calquera caso. Por que Zara e non Apple? Polo menos Zara “é nosa”, ten moitxs empregadxs, reinvirte na empresa…

Un pouquiño de coherencia, non convides ao boicot dende o teu iphone.