Fai un ano

Ola, miña rula!

Agora mesmo estouche no aeroporto de Alacant e mentras espero, recordo.

A túa nai estivo moito tempo agardando por ti, mesmo antes de que foses un embrión. E ao fin… aquí estás. No pouco que levas neste mundo xa lle levaches moita ledicia a moita xente.

Ti non sabes nada disto, eres moi pequerrecha, só hai un ano que chegaches. Quen sabe, co tempo seguramente irás sabendo cousas que pasaron mentras ti estabas moi liada recoñecendo o teu corpo e as súas posibilidades.

Con só un ano de vida xa fuches unha peza fundamental de nexo familiar.

Normalmente son as persoan maiores as que fan que as familias se reúnan de cando en vez por datas especiais.

A túa bisavoa materna, a miña nai, finou e a seguinte xeneración non parecía en condicións -por falta de forzas, de ganas… cadaquen tería razóns diferentes- de buscar a ocasión de que nos xuntaramos.

Finalmente eu, coa colaboración da túa nai, pensando en ti, en que deberías pasar as primeiras navidades da túa vida con toda a túa familia, decidimos forzar un encontro que resultou moi positivo -estupendo, diría eu, dadas as circunstancias.

Xa ves, ti aínda non o sabes pero xa temos -alomenos eu- algo concreto que agradecerche.

Tranquila, ruliña, non vaias pensar que che vou atribuír a responsabilidade de cohesionar á familia, iso é algo que nos corresponde as persoas adultas. Pero o certo é que neste caso foi a túa presenza a que nos moveu facelo. Eso si, non che garanto que te libres das miñas “chapas”; cousas como o das mulleres pioneiras e outras parecidas. Por certo, xa che teño outras poucas preparadas.

Moitas Felicidades!!!!!!… E que cuuuumpras moiiitos máaaais.