Pensións

O asunto das pensións está tan enmarañado que resulta moi complicado saber de que se fala cando nos referimos a pensionistas. Hai pensións de viudedade, de orfandade, contributivas… non sei moi ben de cantos tipos. Que tamén me pregunto se non habería maneira de considerar a cada persoa coma suxeito de dereitos independentemente da súa relación con outras persoas.

Estou xubilada. Digo isto porque quero deixar claro que quero que xs pensionistas non perdan poder adquisitivo.

Pero dito isto tamén digo que a perda de valor adquisitivo é o menor dos problemas da maioría das persoas xubiladas. Para esta minoría pasar dunha subida do 0,25% ao 1% tampouco lles vai solucionar case nada -por iso xa o goberno aceptou ese punto. Que non perda valor adquisitivo non vai facer que poida amañarse porque xa non podía antes da subida do IPC.

Unha pensión non é o mesmo que unha renda básica ou que un salario mínimo. Unha pensión é a fonte de ingresos para o que che quede de vida, non é unha renda que pode ter carácter puntual ou que pode mellorar ao longo do tempo.

Polo tanto o problema, para min,  non está tanto nas actializacións, que tamén, coma na contía da que se parte. Para min a verdadeira reforma sería a que proporcionara a calquera persoa maior de 65 anos -ou os que se determinen- que estivo cotizando para poder ter unha pensión, unha renda sufiente (que sobrepase a que se considera mínima para ser considerada pobre).

Pero curiosamente a bandeira das protestas e o motivo das mobilizacións é o 0,25.

Somos así de superficiais, dános preguiza ir ao fondo das cousas. Coma co caso de Cifuentes, que ao remate ten que dimitir por un master, falso ou non, e un intento de furto nun supermercado, no canto dos múltiples casos de corrupción do PP na Comunidade de Madrid.

FB_IMG_1516104059218.jpg

 

Advertisements