Se é público, é meu.

Hai tempo, a máxima era “se é público, non é de ninguén”.  E a xente destrozaba sen miramento ningún as cousas de todxs: mobiliario urbano; mesas e cadeiras dos Institutos, dos centros de saúde… Total paga o Concello… Coma se o Concello fabricase os cartos e polo tanto non custase ren.

Trataron de mentalizarnos de que iso non é así e apareceu o slogan “o público é de todxs”. Pero, coma case sempre, apareceron as “interpretacións” e unha delas é “se é público, é meu”. Isto non é aplicable só xs políticxs, moita xente interpreta iso.

Veño dun multiusos, de presenciar un exemplo do que digo.

Estes días está a facer frío, máis do normal para a época do ano. Onte pola tarde o centro estivo pechado e hoxe nos vestiarios facía fresco. Ao chegar vin que as portas das dúas saunas estaban abertas e pecheinas. Unhas persoas estaban a se queixar do frío que facía. Fun ao váter e ao saír as portas das saunas volvían estar abertas, e pechinas de novo. Non sei se cando me fun as volveron abrir, pode que si.

Supoño que a súa pretensión sería quentar os vestiarios coa calor das saunas. Por unha banda pareceume bastante estúpido -por inúti- e polo pouco rendible (relación consumo enerxético e cantidade de calor nos vestiarios), e por outra pouco considerado coas persoas que quixeran utilizar as saunas xa que a baixada de temperatura dentro era notable.

Que o razonamento parece: nos vestiarios teño frío e como as saunas tamén son miñas podo dispor delas como me pareza -como o consumo enérxético tampouco me importa, porque o que importa é que eu teño frío- pois abro as portas… e xa está.

Tamén teño visto outra versión do mesmo. Para secarse, no canto de facelo na zona das duchas -que é o que suxiren uns carteis e o sentido común- vano facer dentro das saunas; pero claro, como aí fai moita calor abren a porta.

Podería pór moitos exemplos deste tipo sen saír dese lugar: sacar o bafo do espello co secador de mans, utilizar varias duchas a mesma vez…

Utilizar o público com propio é Marca España, que diría Buenafuente.

Advertisements

Pensións

O asunto das pensións está tan enmarañado que resulta moi complicado saber de que se fala cando nos referimos a pensionistas. Hai pensións de viudedade, de orfandade, contributivas… non sei moi ben de cantos tipos. Que tamén me pregunto se non habería maneira de considerar a cada persoa coma suxeito de dereitos independentemente da súa relación con outras persoas.

Estou xubilada. Digo isto porque quero deixar claro que quero que xs pensionistas non perdan poder adquisitivo.

Pero dito isto tamén digo que a perda de valor adquisitivo é o menor dos problemas da maioría das persoas xubiladas. Para esta minoría pasar dunha subida do 0,25% ao 1% tampouco lles vai solucionar case nada -por iso xa o goberno aceptou ese punto. Que non perda valor adquisitivo non vai facer que poida amañarse porque xa non podía antes da subida do IPC.

Unha pensión non é o mesmo que unha renda básica ou que un salario mínimo. Unha pensión é a fonte de ingresos para o que che quede de vida, non é unha renda que pode ter carácter puntual ou que pode mellorar ao longo do tempo.

Polo tanto o problema, para min,  non está tanto nas actializacións, que tamén, coma na contía da que se parte. Para min a verdadeira reforma sería a que proporcionara a calquera persoa maior de 65 anos -ou os que se determinen- que estivo cotizando para poder ter unha pensión, unha renda sufiente (que sobrepase a que se considera mínima para ser considerada pobre).

Pero curiosamente a bandeira das protestas e o motivo das mobilizacións é o 0,25.

Somos así de superficiais, dános preguiza ir ao fondo das cousas. Coma co caso de Cifuentes, que ao remate ten que dimitir por un master, falso ou non, e un intento de furto nun supermercado, no canto dos múltiples casos de corrupción do PP na Comunidade de Madrid.

FB_IMG_1516104059218.jpg

 

Carolina Bescansa

Non sempre concordo con ela, especialmente na forma.

Pareceume sobreactuada e innecesaria a presenza do seu fillo nos escanos do Congreso na cerimonia de configuración do Parlamento. Podo estar algo de acordo co da crianza de proximidade -tampouco moito porque a proximidade acaba sendo á nai, non ao pai- pero no seu caso o neno podería estar na gardería, que hai, e ela pasar por alí para amamantalo, ou simplemente para estar un pouco con el. Facelo como un acto testemuñal? Pareceríame ben se non desviase a atención do acto principal, sen dúbida máis importante.

Sen embargo teño que concordar con ela en que aspirar a ser a líder da formación política á que pertence non é motivo para renunciar á acta de deputada. A min nin sequera me parece que mereza algunha sanción por parte de Podemos -que supoño non terá.

Pero como en outras moitas ocasións a miña forma de ver as cousas e a dos medios de comunicación non coinciden.

Mentras que co do fillo moitos medios apoiárona -mesmo sacaron imaxes dunha parlamentaria europea facendo a súa intervención coa súa crianza no mesmo atril- neste caso parece que todos están moi sorprendidos de que non dimita.

Aínda considerando que pretender substituír ao líder sexa unha deslealdade -non é o meu caso-, faina menos válida coma parlamentaria?

Se o escano é dx parlamentarix e non do partido é precisamente para que se poida manter a independencia. Este tema tamén é peliagudo: Deben os partidos controlar xs parlamentarixs? Listas abertas?… pero este é outro asunto.

Pois ao que ía: paréceme moi mal asunto que se considere que debería dimitir. Non está na esencia da democracia que calquera persoa pode chegar a presidir o seu país?

Pois iso,

Marear a perdiz

Ou o caso dos currículos falsos

Mentir é malo, dicir a verdade é bo. Que imos ter que recorrea a Barrio Sésamo para falar de alta política.

Existen moitos cuantificadores: algo, nada, ren, un, varios, pouco, bastante, abondo, moito, ben, malamente,  demasiado, máis, menos, todo, nada… E aínda se pode recorrer aos graos; moitísimo, moi ben…

Tamén imos ter que recorrer ao perogrullo; todxs somos diferentes, non é o mesmo catro que corenta…

E pode que con certa “lucidez” aforrariamos tanta confusión. Non é o mesmo catro que corenta pero catro é máis que nada.

Tanta argumentación de patio de instituto xa é cansino. O proceso é sempre o mesmo: alguén é pillado nunha conducta irregular, os seus comparan a irregularidade coa de outro, os do outro din que non é o mesmo, os medios -cos tertulianos correspondentes- establecen o debate de se é o mesmo ou non… E así imos pasando o tempo -mareando a perdiz- e consumindo enerxías inutilmente.

Para min o tema non é quen o fixo peor ca quen senon como evitamos situacións deste tipo. No caso das titulacións está claro que somos elitistas, o engrosamento dos currículos é algo común nesta sociedade. A sobrevaloración das titulacións universitarias tamén. E por máis que dicimos que calquera persoa pode ser candidata para desempeñar un cargo político -eu penso que é desexable- acostuma a ser o primeiro argumento para cuestionala. Ata non saber Inglés pode ser un impedimento.

Ter unha completísima formación humanística e cientifica está ben pero calquera persoa intelixente con medios ao seu alcance pode informarse dun tema concreto; hai servizos de traducción… Pero queda moi ben nos medios constatar que tal político non coñece un escritor concreto… Eu non teño coñecementos sobre programación pero podo pedir a unha persoa con coñecementos que desenvolva unha aplicación ou un programa que faga algo que eu necesito.

Vou aproveitar para facer unha paréntese e dicirlle xs executivxs das empresas e da administración -especialmente a estxs- que sexan elxs os que decidan o que deben facer os programas que utilizamos no canto de “comprar” o que lle ofrece o informáticx de turno -que moitas veces parece que están feitos para o lucimento do informático pero con pouca utilidade para a función que deben realizar.

E se aceptamos que non é necesaria unha titulación específica para exercer a política, que necesidade hai de inventar titulacións? Que necesidade hai de cuestionar a alguén por non telas?

 

 

Paz social

 

Esta é unha praciña que hai diante da miña casa. Non, non é un aparcadoiro.

30705711_10204446099067866_106440499459522560_o.jpg

Pero non pensedes que vou protestar contra este atropelo e vouvos contar por que.

A miña casa, e a praza, están preto dun complexo multiusos no que xoga o equipo de baloncesto da cidade -o que está na máxima categoría. E hoxe non está aínda moi ateigada por ser día laborable, cando o partido é un sábado ou un domingo está que parece que un especialista en distribución do espazo estivera a facer de “gorrilla”.

A primeira vez que o vin era un sábado, pensei que era xente que viña de compras -tamén hai cerca un centro comercial- e mosqueeime un pouco. Enseguida me din de conta que non era iso porque os coches desapareceron e aínda estabamos dentro do horario comercial. Logo xa souben de que se trataba.

E todo funciona coa perfección dun reloxo suízo. Non se produce o máis mínimo altercado. Nos once anos que levo vivindo aquí, nunca me enterei de cando remata o partido e tódolos coches se van. Nin pitidos nin broncas porque alguén impida a saída doutro… nada. Á veciñanza tampouco nos importa, son un par de horas cada quince dias…

Pero moitas veces me teño preguntado en que momento chegará o xordo e foderá o concerto. Pode ser que apareza un veciño tiquismiquis e lle dea por exisir que se cumpla a legalidade e que non se permita aparcar aí -estaría no seu dereito. Ou pode que algún listillo decida que vai aparcar aí -en calquera momento- que total non pasa nada, e entonces a veciñanza si que tería que tomar medidas para que a praza non se convertese nun aparcadoiro.

Que por que conto esto? Pois porque me parece un exemplo de como se pode romper a paz social levando a esixencia de cumprir a legalidade a extremos innecesarios.