Mulleres

Onte fun ao xinecólogo -revisión rutinaria- e informoume de novos tratamentos, máis cómodos, para a sequedade vaxinal. Que ben!, pensei, ímonos librar dos xeles hidratantes e dos mucus lubrificantes. Tamén pensei que non ía ser tan sencillo coma parecía, e así foi. Manter a sequedade vaxinal a raia, por estes novos procedementos vainos custar uns 600 € ao ano en dúas sesións de 300. Xa sei que noutras parvadas gastamos iso pero tendo en conta que a sequedade aparece a certas idades, e que nese momento non é precisamente o de maior actividade sexual… xa da que pensar.

E da que pensar e non só polos cartos senon pola concepción cultural de que a penetración é o obxectivo final da relación sexual. As mulleres, en xeral, poderiamos prescindir perfectamente desa parte, pero a maioría dos homes… Por iso me amola un pouco facer un tratamento -eu- que a min non me vaia aportar gran cousa. Polo menos no caso da viagra o que a consume é o que a desfruta.

Por mor da natureza, da “cultura” ou da “xenerosidade masculina” sempre nos tocan os marróns. Voume explicar.

A Natureza xa se encargou de asignarnos a parte máis fodida da reproducción -o embarazo e o parto- e como efecto colateral a menstruación. Tamén nos proporcionou, en xeral, menos altura e menos masa muscular, co que nunha confrontación física sempre levamos as de perder.

A Cultura -patriarcal- dounos o “corpo bonito” -que supoño foi cousa dos homes decidir que o corpo da muller é máis bonito, parece ser que o dos testículos e o pene fóra do corpo non lles fai gracia- e corpo bonito significa facer todo o posible por mantelo así; peinados e vestimenta incómodos, depilación, tratamentos estéticos, cirurxía…

E agora a xenerosidade masculina.

Os políticos decidiron que as mulleres valemos moito e que debemos ter un papel de primeira fila.

Quen está á fronte do Brexit?

Quen preside o Parlamento de Cataluña?

Quen está politicamente á fronte das forzas de seguridade do estado?

Quen sae a responder ao Presidente da Generalitat pola DUI?

A cor feminina non é o rosa, é o marrón.

Advertisements