Consumidora

Son unha persoa sobria -dicir austera hoxe en día da cousiña, a palabra austeridade mudou o seu significado coa crise- e coma consumidora trato de ser responsable.

Pero, como se é consumidora responsable?

Cos productos de información e ocio -medios de comunicación en particular- teño algo claro; non me informo habitualmente en depende que medios e non vexo programas de TV con contidos ou actitudes machistas, racistas, homófobas… -por exemplo, case non vexo nada de Mediaset.

Non teño ningún producto financieiro -pago as cousas ao contado, viaxo… e a miña economía tampouco dá para moito máis- pero se decidira mercar algún preguntaría a quen ou que se vai financiar cos meus cartos -por certo, non coñezo a ninguén que o faga.

Coas empresas de servizos tamén me vou apañando; se me tratan ben repito e se non, non.

Onde me lío un pouco e co sector industrial, empresas que fabrican e venden cousas. Aquí sempre topo moitas contradicións,

Se un empresario bocachanclas fai unhas declaracións en contra dxs traballadorxs; teño que boicotealo, non mercar eses produtos, que a empresa teña perdas e teña un motivo para facer un ERE e remate despedindo a metade do persoal, ou fago coma que non o oín e que todo siga como está?

Consumo produtos de proximidade -por exemplo o leite- para desenvolver a economía da contorna ou con iso estou sendo cómplice dos intermediarios que explotan o campesiñado?

Doume de baixa nas redes sociais porque non cotizan debidamente nos países nos que operan?

En serio, é moi complicado ser unha consumidora responsable cando se vive nun sistema que ten tantísimas contradicións.

E iso que teño unha Licenciatura en economía!!!

Advertisements