Punto de vista

Once upon a time…Hai moito tempo, nun programa destes de reeducación de adolescentes, trataban de facerlle ver a unha rapaza que o mesmo feito pode verse de diferentes maneiras, e mostrábanlle unha imaxes deste tipo. Nese momento pareceume unha parvada.

Agora mesmo paréceme que estas imaxes reflicten as miñas sensacións, unha especie de explicación do que me acontece.

Nas dúas imaxes vexo as caras e a copa, pero na primeira de entrada vexo a copa  e teño que facer un enfoque diferente -como cando miras o cristal da ventá ou a paisaxe que se ve ao fondo- para ver as caras, mentras que na segunda de entrada vexo as caras e despois de modificar o enfoque, a copa.

Na vida pásame algo parecido; hai unha realidade que eu vexo dunha forma -copa- e moita xente do meu redor ve doutra -caras. Non é que eu non sexa capaz de ver a outra, pero non é a que primeiro me vén.

Isto leva a moitos malentendidos.

Vou pór un exemplo moi parvo, pero que se pode trasladar a moitas situacións. Normalmente como peixe. A cantidade que merco depende de que tipo de peixe é -grande ou pequeno, cabezón ou non, fileteado ou enteiro…- en resumo, de canto desperdicio ten. Por esa razón, se é unha peza, pregunto o peso para decidir se levo esa ou outra. O normal é que me contesten o que costa. Non é que non entenderan a pregunta, e que dan por suposto que é iso o que me importa.

E así é como me sinto; eu vou vendo copas onde o resto da xente vai vendo caras, ou ao revés.

Advertisements