Salarios e pensións de clases pasivas

Con isto do cambio, estase a falar dos salarios que debe, ou non, cobrar a clase política e a min gustaríame que se deixase de facer demagoxia con este tema.

Unha cousa e o salario bruto e outra a cantidade bruta que se percibe. Explícome; cando eu traballaba, da miña retribución bruta o soldo non chegaba a metade, o resto eran complementos. Por iso os trienios e as pagas extraordinarias -calculados con base no salario- eran de risa.

Aclaro que vou falar todo o tempo de cantidades brutas porque as netas son menos precisas. Cada persoa paga impostos dependendo da súa situación, e o mesmo salario bruto de varias persoas pode resultar unha cantidade diferente a perceber para cada unha delas.

Pois ao que ía, o salario debe ser a referencia, non o que se remata cobrando. Se se considera que unha persoa, ou un colectivo, gaña moito, o primeiro que hai que suprimir son os complementos, non o salario. Porque os complementos son moito máis inxustos; non todo o mundo ten os mesmos, non todo o mundo ten a mesma contía… Pero por favor… deixade os salarios en paz!!!

Para xustificar o que digo vou mencionar as contías brutas das pensións das clases pasivas para este ano.

   Grupos     Contía anual €        Contía mensual €

A1            40. 258, 62                  2. 875,62

A2            31. 684, 55                  2. 263,18

B              27. 062,79                  1. 933,06

C1-C        24. 334,27                   1. 738,16

C2-D        19. 252,45                   1. 375,18

E             16. 441,24                    1. 172,45

Van dende 16 ata 40 mil euros brutos ao ano. Estando en activo cóbrase máis ca iso, cada quen na súa categoría.

Propor que un presidente dunha comunidade autónoma cobre 27.000 € brutos ao ano ou que un europarlamentario cobre 25.200 -estos xa non sei se brutos ou netos- paréceme demagóxico e populista. Se a cantidade se establece tendo en conta que o que se vai cobrar ao final é máis, polos complementos, paréceme inxusto para quen non os ten, e pouco claro para a xente que só se informa polos titulares. É coma cando pagaban aos camareiros soldos de miseria porque xa completaban coas propinas… un círculo vicioso.

Ultimamente oín falar de 36. 000 € netos para un alcalde dunha cidade media importante e Manuela Carmena propón 45. 400 € brutos ao ano para a alcaldía… Sería un pouco máis que a pensión máxima de clases pasivas… ben… tendo en conta a coxuntura actual… estas cantidades soan razoables. Pero porque estamos en crise. Noutra situación non se entendería que un salario sexa o mesmo que unha pensión.

Advertisements