Cambio é unha palabra que escoitamos moito ultimamente. Temos que mudar moitas cousas. Unha das que temos que abordar é a nova forma de facer política, de xestionar os votos da cidadanía coa nova configuración do mapa político. A ver como nos sae.
Dentro da xestión política hai un aspecto que a min me preocupa: como se van solucionar os problemas. A tendencia, até o de agora era facer unha lei específica para ese asunto, pero con iso só non se soluciona o problema. Roubar xa era delito antes de que houbera leis anticorrupción, sen embargo en vez de utilizar esas leis enchíanse páxinas nos xornais e facíanse manifestacións na rúa protestando.
Unhas declaracións que lle oín onte a Carmena sobre os desafiuzamentos fíxome reforzar a miña idea de cómo hai que resolver os problemas.
Vou tomar este exemplo; hai un problema, unhas persoas van quedar sen vivenda porque non poden pagar o aluguer ou a hipoteca. Hai que evitar o desafiuzamento ou hai que evitar que esas persoas queden na rúa?
Hai que acabar cos desafiuzamentos!!! Berros, insultos, manifestacións, minutos de TV, páxinas de xornais… queda moi ben pero, pódese acabar con eles? NON! existiron, existen e existirán. Que quere dicir acabar con eles? Que xs propietarixs das vivendas teñen que quedar sen cobrar toda a vida?
Que pasa con esta vía? pois que xenera moita agresividade, intranquilidade… inténtase que se prohiban, vaise ao Congreso… Un proceso moi longo que non remata de solucionar o problema porque a solución non pasa por aí -evitalo.
Hai que evitar que as persoas vivan na rúa? SI. Como? Pois solucionando o problema desas persoas antes de que teñan que deixar -porque a teñen que deixar- a vivenda na que se atopan.
Cal é a solución de Carmena? Pois bastante sencilla; que, no momento que se produce a demanda de desafiuzamento, a xudicatura a comunique ao Concello e que dende aí se analice a situación das persoas afectadas -se teñen algún sitio ao que ir ou non, e se non o teñen buscarlle unha vivenda social. Como o proceso da demanda leva un tempo, no momento de executar a sentenza o problema da vivenda debería estar solucionado, pero de non ser así aplazaríase a sentenza. Desta forma, cando se produce a sentenza a vivenda xa está valeira.
Hai que facer unha lei? Non, só hai que introducir ese “protocolo”. Polo que lle oín onte parece que xa están niso e que á xudicatura parécelle ben.
Esta paréceme unha boa -e tranquila- forma de resolver un problema.