Sereno 2015

O meu colega do Ateneo e amigo, Emilio Valadé, felicitounos por estas datas utilizando palabras máis modestas -de contidos alcanzables- do que vén sendo habitual nestes casos coma serenidade, tranquilidade…

Isto fíxome recordar unha entrevista -creo que a Saramago- na que o entrevistado dicía que non buscaba a felicidade porque iso non depende de ti; estás feliz, empeza a doerche unha moa, e xa non estás feliz. Prefería perseguir algo que dependa de ti mesmo coma a coherencia…

E así, de malla en palla, decidín utilizar a palabra sereno para o meu desexo do 2015.

A algunhas persoas sorprendeulles e pode que até pensaran que non é un bo desexo, non ten moi boa sona esta palabra nestes momentos nos que se confunde pacifismo con resignación.

Penso que serenidade é unha maneira de facer as cousas, non ten por qué estar rifada coa reivindicación. E recordo unha frase “…, a Paz é o camiño”.

Non me gusta esta tendencia de que só coa “dureza” se conseguen as cousas. Non saen nos medios pero hai moitas persoas e asociacións que están resolvendo os problemas da xente con tranquilidade -por iso non saen nos medios- dunha forma moi efectiva.

Advertisements