Vaidade

A todxs nos gusta ser bos no noso e que nolo recoñezan. Até aí todo moi normal.

Pero como en case tódalas cousas –comida incluída- a cuestión está na dose. A personalidade de cadaquén está construída por moitas cualidades en diferentes doses; levar unha alimentación equilibrada e comer con moderación non é ser anoréxicx –a anorexia xa pasa ao grao de enfermidade.

Vilallonga contaba que cando traballaba para Paris-Match facendo entrevistas a persoeiros relevantes da vida social do momento, os que máis se lle resistían eran os do mundo da ciencia –pouco dados por aquelas a saír na prensa- e, cando fallaban os cartos ou as mulleres para convencelos recorría a vaidade, segundo el iso non fallaba case nunca.

Pensei no asunto e cheguei á conclusión que a vaidade está presente en calquera acto de corrupción, acompañada ou non dos cartos. Cando alguén che “regala” unha cantidade por enriba do teu soldo –chámese sobresoldo ou complemento de…- está dicíndoche que eres mellor ca outrxs que non a reciben; está alimentando a túa vaidade, a túa cobiza ademais de levarte polo camiño da corrupción.

La codicia, como la vanidad, son nuestra ruína dicía Juan Tortosa hai uns días. Non sei se quería dar por feito que están aí, en todos nós pero eu si que o penso; están aí, en maior ou menor grao e se non as controlamos, sairán.

Pablo Iglesias Jr.: coida esa fachenda, pódete levar a traizoar os teus principios tanto coma as portas xiratorias. O fin non xustifica os medios.

Podemos moi ben, Pablo Iglesias Jr regular.

Advertisements