Educación cívica

Hai uns días estiven nun parque no que hai unha zona infantil con bambáns,…e tamén hai unha zona con aparatos de ximnasia para adultos. Hai un cartel que indica que eses aparatos non están recomendados para menores de 15 anos.
Unha señora e unha nena pequena, supoño que a súa filla, están utilizando un deses aparatos.
Achégome e informo á señora que non está recomendado que as crianzas utilicen esas máquinas.
A señora contestoume:
No importa, mientras lo pase bien…