Organización e Autonomía

Antonte comentaba o pouco que nos gusta tomar decisións responsables de forma autónoma.

Hoxe vou coa organización.

Por qué me interesan  estas cualidades? Pois porque son -segundo varios autores, incluído J.A. Marina- dous dos cinco factores que determinan a calidade da educación e tamén porque penso que se se dan na sociedade repercutirán no sistema educativo e viceversa.

A Organización tampouco nos gusta. Non nos gusta porque non sabemos e non sabemos porque non nos enseñaron. Pero en lugar de admitilo e aprender, fuximos cara adiante e inventamos un dito “organizar é de anodinos e tristes, e nós somos moi creativos”. Coma se fosen conceptos antagónicos!!!

Para tomar decisións ou para organizar son necesarias a racionalidade e a análise científica.

O medo, as crencias relixiosas… non son racionais e forma parte da maioría das decisións que tomamos.

Seguro, posible e imposible, e dentro de posible moi probable ou pouco probable son contidos do currículo de primaria que moitxs adultxs non aplican para analizar.

O posible non ten por qué ser moi probable e esta confusión lévanos a crer que determinadas cousas non se poden organizar ou planificar. É moi frecuente entre xs docentes crer que no ensino non se pode planificar porque hai demasiadas variables.

Hai dous erros que cometemos frecuentemente ao tomar decisións ou ao organizar,

  1. Temos que controlar todas as variables. Nunca imos ter tódalas variables controladas, é posible que en algún momento teñamos que improvisar, pero iso non debe levarnos a que a improvisación sexa o único recurso.
  2. Dar a mesma categoría a todas as variables. Hai que saber priorizar. Unha variable pouco probable e de consecuencias leves non debe complicar o desenvolvemento da actividade que organizamos.