Privacidade

Onte estaba nos medios a nova: hai un caso de contaxio de ébola que non é en España.
A seguridade absoluta non existe –nada absoluto existe.
Non vou analizar as similitudes e as diferenzas entre as actuacións das autoridades sanitarias nun país e no outro por tres razóns: unha porque aquí non se nos da moi ben organizar, independentemente da situación –falarei disto noutro momento-; outra porque o de Estados Unidos produciuse máis tarde e polo tanto xa tiñan a experiencia dos erros posibles e a terceira porque non me atrevo a dar por boas as informacións que teño –os técnicos non políticos e mesmo membros de ONGs reputadas desminten con frecuencia moitas informacións dadas, coma no caso das luvas, das botas…
O que si vou facer é comentar un aspecto que non ten que ver coas autoridades senón coa sociedade en xeral, a privacidade.
No caso de EEUU só sabenos que é unha enfermeira, nin sequera se dou o seu nome “por respecto á súa privacidade”
Igualiño, igualiño que aquí,
Sabemos nome e apelidos da contaxiada, do home, do can, da nai, dos irmáns, da presidenta da comunidade de veciños…
Publícanse fotos da contaxiada antes do contaxio, no contaxio e ata dentro do hospital,
Sae nos programas de televisión un irmán, a presidenta da comunidade, veciños…
Danse informes do seu estado de saúde procedentes de tódalas fontes posibles, oficiais ou non,
E sae tamén persoal do centro hospitalario coas reivindicacións –que seguro son xustas- pero que non sempre teñen que ver co que está acontecendo. En EEUU tamén morreu xente polo Ébola e tamén houbo contaxio.
Por qué nos gustará tanto o morbo?
Por qué este costume de ter que xerar novas constantemente?
Advertisements