Princesiña

No autobús urbano.
Dúas mulleres novas, aínda non nais polo contido da conversa.
Falan da posibilidade de ter descendencia e parecen estar de acordo en varias cousas:
Ter só unha criatura non porque abúrrese, faise egoísta…
Máis de dúas é complicado polo traballo, a economía…
De ter dúas o ideal é a parella macho-femia.
No que non se puxeron de acordo foi na orde de aparición.
Unha pensaba que era mellor que nacese primeiro o neno porque ao ser maior coidaría da súa irmá cando saíran…
A outra rebatía esta posibilidade. O neno, cando nacese a súa irmá, ía ter celos, sen embargo se a maior é a nena non vai ter celos porque ela sempre seguirá sendo “la princesita de la casa”.
No que si estaban de acordo as dúas é na visión do papel desa nena na vida.