Estatística e (des)Información

Hoxe leo na prensa dúas novas sobre o paro xuvenil.

Unha era sobre un informe da Organización para a  Cooperación e o Desenvolvemento Económico (no sucesivo OCDE) referente ao desemprego entre as  persoas con titulación universitaria ou tituladas en FP superior.

“La tasa de paro en este colectivo pasó del 6,4% al 19,8% entre 2007 y 2012” dicía a noticia. Tamén se comentaba que esta taxa era maior que a media da Comunidade económica europea.

A outra dicía que, segundo a enquisa de poboación activa do Instituto nacional de estatística o paro xuvenil volve subir ata se por no 55%

Parece evidente que o paro entre os titulados superiores e moito menor que a taxa xeral.

Pois onte pola noite, nun informativo oín dicir -mencionando o informe da OCDE  e apoiándose en que o paro neste grupo de poboación é máis baixo en Europa- que o ter unha titulación superior non mellora as posibilidades de conquerir un emprego.

Porrr Diooosss!! Que diría Eva Hache. Quén interpreta os datos? Alguén que conseguiu un emprego sen ningún tipo de titulación nin preparación?

 

Advertisements

Conflito

Está reflexión xorde por unha situación de conflito que non me atinxe directamente pero si dun xeito colateral.
Un conflito é, por definición, un problema difícil de resolver.
A dificultade vén porque as partes cren que TODA a razón está do seu lado e cada unha das partes ten apoios co mesmo convencemento.
Oín dicir a Mayor Zaragoza, non lembro onde, cando estaba na ONU que para mediar na resolución dun conflito –el falaba de conflitos internacionais nos que interviña a ONU pero a mensaxe pódese aplicar a conflitos caseiros- hai que partir de que as dúas partes teñen moitas razóns.
Eu concordo con el, é imposible chegar a un acordo –e polo tanto a unha solución- se se empeza deslexitimando a unha das partes.

Por outra banda tamén penso que se unha parte ten toda a razón e a outra ningunha, non habería conflito porque ninguén apoiaría á “sen razón” e terían que aceptar que non a teñen.

Princesiña

No autobús urbano.
Dúas mulleres novas, aínda non nais polo contido da conversa.
Falan da posibilidade de ter descendencia e parecen estar de acordo en varias cousas:
Ter só unha criatura non porque abúrrese, faise egoísta…
Máis de dúas é complicado polo traballo, a economía…
De ter dúas o ideal é a parella macho-femia.
No que non se puxeron de acordo foi na orde de aparición.
Unha pensaba que era mellor que nacese primeiro o neno porque ao ser maior coidaría da súa irmá cando saíran…
A outra rebatía esta posibilidade. O neno, cando nacese a súa irmá, ía ter celos, sen embargo se a maior é a nena non vai ter celos porque ela sempre seguirá sendo “la princesita de la casa”.
No que si estaban de acordo as dúas é na visión do papel desa nena na vida.