Funerais de estado

Sorpréndeme que coa afición que temos a polemizar por cada tontería que diga calquera personaxe público non tivesen máis eco nas redes sociais, na prensa ou noutros medios as declaracións do SG do PSOE sobre a proposta de celebrar funerais de estado polas víctimas da violencia de xénero.

Quén se supón que ía celebrar eses funerais? Rouco Varela acompañado dos bispos de Alcalá, Granada e San Sebastián?
É paradoxal que a mesma persoa que di que hai que suprimir os privilexios da Igrexa católica, que vai revisar o Concordato… se descolgue con esas declaracións que están lonxe da laicidade do estado.
Claro que a Constitución non é moi explícita neste punto.
“Artigo 16. 3. Ningunha confesión terá carácter estatal. (…)” Tamén iso habería que modificar.

Pero, como acostumo a facer, non vou arremeter só contra o político. Levamos o catolicismo e á Igrexa católica no ADN. Non somos quén de diferenciar un acto relixioso dun acto social. Case ninguén asocia os Beléns do Nadal coa relixión; case ninguén considera que a presenza de imaxes relixiosas nos edificios públicos é algo anómalo; bautizamos, casamos e enterramos -funeral incluído- pola igrexa aínda que non sexamos practicantes; e mesmo as persoas ás que a igrexa lles prohibe celebrar estes rituais no seu seo -homosexuais fundamentalmente- queren contar coa súa bendición.
Foron moitos séculos…

Todxs deberiamos poñer ás relixións no lugar que lle corresponde: O espazo da intimidade persoal.