A realidade é moi tozuda

Nas eleccións seguintes á aparición do 15-M ganou o PP.
Historicamente os votantes indecisos de dereitas, e tamén os que normalmente se absteñen, forman piña cando ven a ameaza da esquerda. Como non teñen máis que unha opción, non hai posibilidade de que se disperse o voto.
Historicamente tamén , un número importante dos votantes de esquerda son menos fieis e teñen máis alternativas cando discrepan co seu partido.
Por outra banda, os partidos de esquerda sempre tiveron dificultades para poñerse de acordo porque o abano de matices na esquerda é importante.
Logo as opcións poderían ser estas:

Podemos medra, o PP e o PSOE, EU… minguan e tódolos partidos de esquerda póñense de acordo para que goberne Podemos. Esta parece a tese de Podemos.

Podemos medra, o PP non mingua, PSOE, EU… si. O PP tería moitas posibilidades de seguir gobernando.

A esquerda, ás veces, é un pouco cainita.

Advertisements